Mancomún

iVIS, plataforma sueca de e-servizos de software libre para escolas, comezará a funcionar o próximo mes de setembro

Xoves, 14 Xullo 2016

Aplicación incidencias iVISiVIS é un proxecto levado a cabo pola Asociación de Municipios para o Desenvolvemento Conxunto de e-servizos en Suecia. A idea é desenvolver unha plataforma de software libre que permita crear diferentes aplicacións administrativas para as escolas, tanto para equipos de sobremesa como para dispositivos móbiles. É un proxecto financiado tamén en parte pola Axencia Sueca de Innovación.

O próximo mes de setembro, co comezo do novo curso académico comezará a funcionar a primeira fase do proxecto con algún dos desenvolvementos que xa están realizados. 
Neste caso trátase dunha aplicación para a xestión de incidencias que teñan lugar nas escolas. Nesta primeira fase está prevista tamén a implantación dunha aplicación para a xestión do transporte escolar.

As dúas aplicacións comenzaranse a probar nunha escola piloto e posteriormente irán incorporándose moitos máis centros ao longo do ano.

Fonte: Joinup

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal