GPUL anuncia unha nova edición das súas xa tradicionais Xornadas de introdución a GNU/Linux e Software Libre para alumnos noveis.
Trátase dunha actividade fundamentalmente orientada aos novos alumnos da Facultade de Informática de A Coruña para darlles a coñecer o funcionamento do sistema operativo GNU/Linux co que traballaran case a diario nas súas prácticas durante os seus estudos universitarios.
A actividade celebrarase o vindeiro día 10 de outubro na Facultade de Informática da Universidade, no laboratorio 0.2, en dúas quendas, unha de mañá ás 11:30 e outra de tarde ás 17:30.
A actividade estará centrada no uso de Ubuntu Desktop nos laboratorios da facultade, pois é o sistema que os asistentes empregan maioritariamente durante o curso. O programa comezará cunha pequena introdución sobre a filosofía do Software Libre e continuará cun cursiño acelerado das ferramentas máis útiles deste sistema, podendo continuar cunha GNU/Linux Install Party en vindeiras datas.
A actividade é de carácter gratuíto e só é preciso inscribirse no web de GPUL.
Nesta ocasión GPUL conta tamén coa colaboración da Oficina de Software Libre do CIXUG.
Esta xornada forma parte das actividades que a asociación GPULe a OSL do CIXUG realizan ao abeiro dos respectivos convenios de colaboración asinados coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.
