
Nós facemos moito Software a medida. Realmente en boa parte nós tentamos apoiarnos en Software Libre pero moitas veces quen marca o tipo de tecnoloxía que se usa é o cliente e en parte o ámbito do sistema que se está a desenvolver. Ás veces en Software Libre tes solucións moi boas e en certos ámbitos e noutros campos non tes máis remedio que usar software propietario.
Era unha aposta consciente ou era froito das circunstancias?
Nós coma grupo de investigación tiñamos máis clara a perspectiva de Software Libre que incluso coma empresa. O Software Libre permite montar cousas por encima doutras e unha cousa que o propietario non permite: melloralo. Un ten esa caixa e se che vale ben e se non nada. E se hai algo que nós sabemos facer é traballar sobre as ferramentas para melloralas sobre todo nos ámbitos nos que estamos afeitos a movernos. Algunhas ferramentas propietarias si permiten unha mellor adaptación pero en xeral non resulta así.
Estades a atopar problemas técnicos á hora de integrar Software Libre?
Si, por exemplo ata o de agora no escaneo dixital e na dixitalización ás veces intentamos buscar algunha ferramenta de Software Libre para empregar e non atopamos nada que nos convencese. A integración, por exemplo, dun software OCR propietario que soporte os estándares e os drivers de Windows e se conecte directamente co scanner permite facer todo o proceso nun paso. A día de hoxe non se podía atopar en Software Libre esta integración. Os informáticos tendemos a pensar que somos o embigo do mundo e as ferramentas teñen que ser o máis intuitiva posible en un paso se é posible.
Dentro das nosas áreas de actuación é nos sistemas de información xeográfica onde ten unha maior implantación. As ferramentas de Software Libre tanto no ámbito de sistemas de información, o tratamento de imaxes por satélite a xestión de territorio ou detección vectorial rivalizan perfectamente coas propietarias. En principio sempre optamos por Software Libre para sistemas de Información Xeográfica. Considerámolo o suficientemente maduro.

Enxenio baséase en desenvolvemento a medida, integración de compoñentes e adaptarse ás necesidades dos clientes facendo fincapé en que sexa fácil e intuitivo. De feito en todo o que facemos de software a medida utilizamos Software Libre. Quizais nos falta saber basear o noso modelo de negocio desde esa perspectiva de desenvolvedor de produtos libres.
Por exemplo a administración estremeña contrata un concurso para unha aplicación e despois libéraa. Está ben que as administracións fagan iso pero o ideal sería sementar para que as empresas que ata o de agora traballaron na idea de “imos facer un produto para vender” sexan capaces de cambiar o seu modelo de negocio. Isto causaría un cambio profundo no sector TIC coma xerador de produtos e que ese OpenOffice non teña que vir de fóra. Por exemplo MySql. Gustaríame saber se empezou cunha ferramenta libre que despois pasou a ser modelo de negocio. Se eu quero facer un Contaplus e comercializalo libre que opcións teño? Como podo facer? Creo que andamos bastante desinformados.
Estades a liberar parte do voso traballo?
Fáltanos ese paso por falta de tempo. Estás xeralmente tan atento o de hoxe que deixas cousas importantes por facer coma a publicidade da empresa. Probablemente liberariamos algunhas librerías e compoñentes de información xeográfica e algunhas cousas de xestión documental.
Despois estamos a desenvolver un produto para centros educativos que queremos poñer en Software Libre pero fáltanos ver o modelo de negocio. Eu xa lle preguntei a máis dunha persoa nalgunha xornada sobre Software Libre pero polo que vexo falta fixar o modelo para o sector TIC coma desenvolvedor de produtos. Fáltanos que nos ensinen a adaptar o Software Libre a ese tipo de produtos.
