Jami, novo nome de Ring, app multiplataforma de mensaxería de texto (cifrada e segura) que dentro das súas funcionalidades tamén inclúe chamadas de son e vídeo (de alta calidade), transferencia de arquivos e vídeo conferencias. Pasa a converterse nun proxecto máis libre e universal, que busca protexer a privacidade e liberdades dos seus usuarios e construída sobre unha arquitectura distribuída que non require autoridades nin servidores centrais para operar.
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
