Kabeja é unha biblioteca Java para parsear, procesar e convertir o formato DXF de Autodesk. O sistema de procesado permite procesar, filtrar e convertir ficheiros DXF a diferentes formatos de saída (SVG, JPEG, PNG, TIFF, PDF, XML).
Kabeja pode traballar dende liña de comando ou embebido dentro dunha aplicación, permitindo o acceso a todos os datos parseados cunha API estilo DOM. Tamén conta cunha pequena guía para comezar a traballar co complemento.
Kabeja está desenvolvido en Java baixo a licenza Apache e para o seu funcionamento require ter instalado java 1.3 ou superior.
Kabeja pódese integrar con outras aplicacións, por exemplo:
- Inkscape (instrucións)
- OpenOffice.org (instrucións)
- Navegadores (Firefox, Internet Explorer, Konqueror, Opera)
- Framework Cocoon (instrucións)
O software pódese descargar dende Sourceforge.
