Dispoñible Kali Linux 2020.4 (sistema baseado en Debian, orientado a hacking ético e probas de penetración).
Chega coa transición completa de Bash a ZSH como intérprete de comandos predeterminado. De todas formas, Bash pode ser habilitado mediante un comando.
Novidades destacadas:
Nova imaxe Vagrant para os usuarios de Vmware (súmase á existente para VirtualBox). Actualización da imaxe de AWS, actualizacións de NetHunter e novas ferramentas: Apple bleee, CertGraph, dnscat2, FinalRecon, goDoH, hostapd-mana, Metasploit Framework v6 e Whatmask, entre outras.
