Este proxecto ten como meta tres obxectivos principais:
-
Facer que o contido da web sexa máis facilmente accesíbel para os aplicativos KDE.
-
Facer que os aplicativos da web sexan de cidadáns de primeira categoría no escritorio KDE.
-
Mellorar os clientes de KDE mediante interactuación coa web, mellorando ao mesmo tempo a experiencia da web en xeral.
Exemplos claros deste novo concepto son o contorno de traballo dos servizos de Amarok, a integración de OpenStreetMap en Marble, a capacidade de subir imaxes a Internet dende Digikam ou a compatibilidade de GetHotNewStuff cos compoñententes de Plasma entre outros.
O Proxecto Silk non empeza de cero, xa que o seu código xa está dispoñíbel no repositorio Git e tamén se pode probar o seu aplicativo web experimental Selkie.
