Mancomún

KDE Connect foi restituída na Google Play

Xoves, 21 Marzo 2019

Google eliminou temporalmente a aplicación libre KDE Connect da Play Store por violar políticas recentes sobre permisos de SMS e rexistro de chamadas, pero xa foi restituída de novo.

KDE Connect permite emparellar smartphone e pc sen necesidade de fíos, podendo recibir notificacións do teléfono e compartir arquivos, entre outras.

Como alternativa á Play Store, podemos instalar a app desde o repositorio libre de f-droid.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal