Mancomún

KDE Plasma 5.17 e KDE Neon 5.17

Luns, 21 Outubro 2019

O entorno de escritorio KDE Plasma ven de actualizarse á versión 5.17 que segundo o anuncio desta versión “anticípase ás túas necesidades”.
Esta versión trae unha serie de novidades, entre as que destacan unha mellora de rendemento, modo escuro, menú para configuración de dispositivos Thunderbolt e correccións de fallos. Como non podía ser doutro xeito, con unha nova versión de Plasma, tamén sae unha nova de KDE Neon, a distribución baseada en Ubuntu que está sempre á última en KDE.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal