Mancomún

KDE recomenda Plasma como “un refuxio seguro para usuarios de Windows 7”

Luns, 13 Xaneiro 2020

O 14 de xaneiro de 2020, Windows 7 termina o seu soporte (os usuarios non recibirán actualizacións de seguridade).

Poderán actualizar a Windows 10, pero GNU/Linux tamén é unha boa opción e así o consideran os desenvolvedores de KDE, xa que iniciaron unha campaña na que recomendan Plasma como «un refuxio seguro para os usuarios de Windows 7».

En KDE News comentan que é preciso “axudar ás persoas para recuperar o control sobre os seus sistemas e protexer os seus datos”, algo que “as comunidades de Software Libre fan mellor”. Así, “esta é a oportunidade perfecta para axudar aos usuarios de Windows 7 a actualizarse a algo moito mellor: ao escritorio Plasma”.

Vídeo onde se amosa KDE Plasma

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal