Mancomún

Kdenlive 0.7 para KDE 4

Luns, 17 Novembro 2008

Kdenlive é un editor de vídeo non-linear para o escritorio KDE. Ademais, acaba de saír a versión 0.7 que é a primeira versión para KDE 4.

Esta é unha primeira lista de melloras sobre a anterior versión de KDE 3:

  • Aumento considerable en todas as operación da liña de tempo.
  • Captura desde diversas fontes: DH, HDV, webcam e pantalla
  • Máis efectos e transicións
  • Característica de desfacer completa con historial
  • Mellor integración con KDE

Kdenlive permite a edición de múltiples formatos, máis concretamente todos aqueles que poida editar FFmpeg: DV, HDV, mpeg, avi, mp4, mov, flv, ogg, wav, mp3 e vorbis. Referido aos formatos de imaxe, pode traballar cos seguintes: gif, png, jpeg, xcf, exr, tiff e svg…

Para organizar a liña de tempo pódense usar guías e marcadores, ademais de facer buscas na mesma. Kdenlive tamén ofrece a posibilidade de copiar e pegar os vídeos, efectos e as transicións, coa posibilidade de ver en tempo real estes cambios. 

Tamén ten a opción de captura vídeo desde un dispositivo Firewire DV e HDV.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal