Mancomún

KeePassXC 2.6, novo aspecto visual

Xoves, 16 Xullo 2020

KeePassXC, bifurcación de KeePassX que ten o obxectivo de amplialo e melloralo con novas características e correccións de erros para proporcionar un xestor de contrasinais rico en características, moderno, multiplataforma e de código aberto.

Tivo un redeseño importante da súa interface, máis minimalista, novos temas claro, escuro e nativo, modo compacto e un conxunto de iconas máis moderno.

Outras novidades: mellora da integración coas chaves de autenticación YubiKey e OnlyKey, mellora do xerador de contrasinais e mellor integración cos navegadores web, entre outras.

Máis información na nota oficial de lanzamento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal