Mancomún

Kiwix: descarga da Wikipedia no computador con SwL

Luns, 15 Decembro 2008

Kiwix é un aplicativo de software libre dispoñible para Linux, Windows e Mac que permite descargar por completo a Wiktionary, Wikisource, Wikibooks, Wikiquote e Wikipedia en distintos idiomas, para poder consultalas sen conexión a Internet.

O programa é moi sinxelo e aínda sendo unha primeira versión beta, cumpre coa súa función de maneira correcta. Permite consultar o contido da Wikipedia como si se fixera dende un navegador web, iso si, de forma offline (sen conexión a Internet). Inclúe algunhas funcións avanzadas de búsqueda e historial de consultas, así como catro skins diferentes para cambiar o deseño da súa interface.

O principal inconveniente deste aplicativo é que require de bastante espazo en disco, xa que, por poñer de exemplo, a versión en español ocupa 850 MB e en inglés preto de 5585 MB. Así que o proceso de descarga da versión da Wikipedia escollida.

Outras formas de consulta offline

Actualmente xa existen varias fórmulas de consultar a Wikipedia sen estar conectado a Internet como:

  • Zipedia: extensión para Mozilla Firefox que permite consultar a Wikipedia dende calquera parte a través de Firefox de manera offline.

  • Offline Wikipedia: pequeño servidor web que permite navegar poos datos locais como se fora a Wikipedia online.

  • Encyclopedia: aplicativo para iPhone ou iPod Touch que funciona como un lector da Wikipedia. O mesmo aplicativo encárgase de descargar 2 GB en datos da enciclopedia e de instalalos na memoria do teléfono.

Fonte: rubendomfer.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal