Kmail é a ferramenta de correo-e de Kontact, o xestor de información persoal (PIM) integrado de KDE, un dos escritorios de Linux máis estendidos xunto con Gnome.
Algunhas das características máis salientables de Kmail son:
- Compatibilidade IMAP, POP3 e SMTP
- Inicio de sesión segura con SSL, TLS ou DIGEST-MD5
- Asina e cifra correos-e (tanto con PGP e GnuPG)
- Le correo en formato HTML
- Funcións antispam
- supports all international character sets
- Motor de buscas e filtros
- Corrección ortográfica
- Importa cartafoles de correo doutros clientes de correo
- Alta integración cos distintos compoñentes de KDE e Kontact
- e moitas máis…
Relativo ás funcións antispam de Kmail, neste blogue “http://www.jesusda.com” explican como configurar Kmail con Bogofilter
