Outras características son que é unha aplicación cliente/servidor baseada en tecnoloxías LAMP e cun buscador en Java (http://lucene.apache.org). Permite a conexión concorrente de varios usuarios deste distintos lugares, tanto internos á propia empresa, como externos, podendo configurar os lugares remotos desde os que os usuarios se poden conectar.
A aplicación conta con licenza dual: unha libre e outra de pago, coa diferencia de que a última engade unhas cantas funcionalidades máis, como a integración con Outlook e Office de Microsoft e soporte telefónico. No entanto, na comunidade de desenvolvedores da versión libre están estudando a posibilidade da súa integración con OpenOffice.org
Hai dispoñible unha “demo” da versión comercial en liña na seguinte URL:
http://www.knowledgetree.com/live_demo
A lista completa de cambios desta nova versión pódese atopar na seguinte ligazón:
http://wiki.knowledgetree.com/Version_3.6-Community_Edition
