Mancomún

Krusader, potente xestor de ficheiros ao estilo do Midnight Commander

Xoves, 16 Abril 2009

Despois de case 9 anos de vida, o proxecto Krusader lanza a versión 2.0.0 do seu xestor de ficheiros, agora actualizado para poder ser usado en KDE 4.

Krusader é un avanzado e potente xestor de ficheiros con paneis xemelgos, ao estilo do famoso Midnight Commander (en modo texto). Con Krusader poderás facer a maioría de xestións que poidas necesitar: desde traballar con ficheiros comprimidos (tar, zip, bzip2, rar, arj, rpm), sistemas de ficheiros montados, outros protocolos como FTP, SMB e Fish, até realizar buscas avanzadas, visualizar e editar ficheiros, sincronizar directorios, comparar contido de ficheiros, renomeamento recursivo de ficheiros, e incluso permite o envío de correos-e a través do Thunderbird coa posibilidade de incluír adxuntos.

Krusader pode funcionar en calquera contorno de escritorio (Gnome, Xfce, AfterStep,…), sempre e cando se teñan as bibliotecas de KDE e QT necesarias. Ademais, esta última versión está portada ás bibliotecas QT4 (multiplataforma desde a versión 4), e está comezando a ter compatibilidade, aínda que de xeito experimental, con Windows.
Nas seguintes imaxes podedes ver as semellanzas entre o Midnight Commander (en modo texto) e o Krusader:

Midnight Commander

Midnight Commander

Krusader

Krusader

Notas de lanzamento da última versión:
http://www.krusader.org/text.php?t=krusader-2.0.0.notes

Lista de cambios da última versión:
http://www.krusader.org/text.php?t=krusader-2.0.0.changelog

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal