mais conta con licenza GPL . Para unha persoa usuaria, en principio o feito de ter que reiniciar o computador, simplemente é unha pequena molestia, pero no eido dos servidores é algo transcendental.
A tecnoloxía de Ksplice Uptrack foi desenvolvida inicialmente no MIT, e máis tarde algúns dos que comezaron ese proxecto, continuárono ata chegar ao resultado actual. O poderío deste aplicativo puido ser visto nos recentes LinuxTag2009 en Berlín e no FISL10 en Brasil.
Por agora Ksplice Uptrack é compatíbel con Ubuntu 9.04 Jaunty Jacklope, que pode ser instalado e que requirirá algúns paquetes adicionais, que serán descargados por Ksplice Uptrack Manager, o cal posúe un aspecto moi similar ao xestor de actualizacións de Ubuntu, e será a ferramenta coa que se xestionarán as futuras actualizacións. Ademais, cando haxa novidades no desenvolvemento do núcleo Linux, aparecerá unha icona no panel de GNOME.
O que fará basicamente Ksplice será adaptar as novidades que chegan case semanalmente ao núcleo e convertelas en módulos que poidan ser cargados e que eviten a necesidade de compilar e reiniciar.
