Mancomún

Lanzado o KMess 2.0, unha boa alternativa na mensaxería instantánea

Martes, 28 Xullo 2009
O equipo desenvolvemento de KMess anunciou recentemente a inmediata dispoñibilidade de KMess 2.0, a primeira versión estábel das series 2.0, a cal estaba en desenvolvemento dende xaneiro do 2008. KMess é un aplicativo de mensaxería instantánea alternativo para o contorno de escritorio de KDE e atópase dispoñíbel en 14 idiomas.

Esta nova versión conta con numerosas novidades respecto a versión estábel 1.5.2, da que compre destacar a transición cara KDE4. Do resto das novidades as máis sobranceiras son:

  • Capacidade de reutilización das xanelas previas de chat despois da reconexión

  • Engade un cadro de busca de contacto na lista de contactos

  • Engadida a reconexión automática despois de desconexións non desexadas, mantendo o seu estado anterior

  • Engádese a detección da dispoñibilidade de conexión á rede, empregando “Solid”

  • Compatibilidade completa para o formato de texto de MSN Plus na xanela do chat e da lista de contactos

  • Compatibilidade con KWallet para gardar os contrasinais de forma segura

  • Compatibilidade completa para enviar mensaxes en modo desconectado

Para instalar este aplicativo podemos baixar o código para compilalo dende esta ligazón ou engadindo os repositorios deste aplicativo ás nosas fontes de software seguindo un sinxelo procedemento.

Engadir ás nosas fontes de software para Ubuntu 8.10 Intrepid as liñas:

deb http://ppa.launchpad.net/kmess-packages/kmess-stable/ubuntu intrepid main 
deb-src http://ppa.launchpad.net/kmess-packages/kmess-stable/ubuntu intrepid main

Para Ubuntu 9.04 Jaunty deb http://ppa.launchpad.net/kmess-packages/kmess-stable/ubuntu jaunty main

deb-src http://ppa.launchpad.net/kmess-packages/kmess-stable/ubuntu jaunty main 

Para Ubuntu 9.10 Karmic:

deb http://ppa.launchpad.net/kmess-packages/kmess-stable/ubuntu karmic main 
deb-src http://ppa.launchpad.net/kmess-packages/kmess-stable/ubuntu karmic main

Unha vez engadidos os repositorios ás fontes de software activamos a chave do repositorio:

sudo apt-key adv –keyserver keyserver.ubuntu.com –recv-key 1D2EC123

Logo facemos un sudo apt-get update e por último xa podemos instalar o Kmess na súa última versión a 2.0 sudo apt-get install kmess

Fonte: http://espaciokde.blogspot.com/2009/07/kmess-20-final.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal