Ethereal, agora Wireshark, é un [[sniffer]] moi popular de código aberto que axuda na análise de protocolos de rede, desenvolvido por expertos en redes de todo o mundo e dispoñible en diferentes plataformas como GNU/Linux, MAC OS X e Windows.
É un analizador de protocolos utilizado para realizar análises e solucionar problemas en redes de comunicacións para desenvolvemento de software e protocolos, e como unha ferramenta didáctica para educación. é un sniffer que che permite capturar tramas e paquetes que pasan a través da túa interface de rede. Conta con todas as características estándar dun analizador de protocolos.
Na web http://www.wireshark.org está dispoñible a última versión desta aplicación.
