Anúnciase Proxmox VE 5.0 baseada en Debian 9 “Stretch” e un Linux Kernel 4.10.
Esta nova versión de Proxmox engade unha nova pila de replicación de almacenamento VE en Proxmox.
As réplicas proporcionan a redundancia de datos asíncronos entre dous ou múltiples nodos dun cluster, minimizando así a perda de datos en caso de fallo. Para todas as organizacións que utilizan o almacenamento local, a función de replicación de Proxmox é unha excelente opción para aumentar a redundancia dos datos para os picos de entrada saída, evitando a necesidade de configuracións complexas de almacenamento compartido ou distribuído.
Nesta versión, Proxmox VE 5.0 Ceph RBD convértese no estándar de facto para o almacenamento distribuído, mentres que O Ceph Luminous aínda non está preparado para o estado de produción mais xa está dispoñible para probalo.
Proxmox
Proxmox Virtual Environment, ou Proxmox VE, é un entorno de virtualización de código aberto baseado en Debian cunha versión modificada do Kernel de RHEL. Proxmox VE permite o despregue e a xestión de máquinas virtuais e contedores, achega unha una consola Web e ferramentas de liña de comandos, proporciona una API REST para ferramentas de terceiros.
Este sistema soporta dous tipos de virtualización compatibles LXC e a virtualización con KVM.4.
Proxmox VE libérase baixo a licenza GNU Affero General Public License.
