A comunidade de desenvolvemento de Flock vén de publicar unha versión final e estable deste novo navegador social baseado en Mozilla Firefox. Trátase concretamente da versión 2.0.3, a cal incorpora o parche da versión 3.0.5 de Firefox, actualiza Flash ou elimina os servizos Piczo e Pownce, entre outras novidades que poden ser consultadas no listado de cambios .Como xa informara Mancomún na súa aparición, este navegador integra servizos sociais como Flickr, del.icio.us, Wikipedia, editor de weblogs ou lector de RSS e pretende perfilarse como outra alternativa aos grandes navegadores do momento. Funciona en Linux, Mac e Windows.
Aínda que Flock 2.0.3 só está en inglés, a anterior versión 1.2.6 está dispoñible en varios idiomas.
Para descarga da presente versión: flock 2.0.3
Fonte: Fent Linux
