Mancomún

Liberada unha nova versión de Virtaal

Mércores, 5 Agosto 2009
http://www.mancomun.org/images/stories/virtaal_logo.pngA comunidade de tradución de software ten accesíbel desde onte unha nova versión de Virtaal, unha ferramenta gráfica para a tradución de aplicativos informáticos. Virtaal 0.4.0 introduce numerosas melloras, tal é o caso da súa dispoñibilidade en máis de 15 idiomas, entre os que se conta como novidoso o galego.

Ademais, co novo lanzamento, Virtaal optimiza a axuda terminolóxica e o realzado sintáctico -con vírgulas, etiquetas XML…- na área de edición, introduce asistencia para os “intraducíbeis” e para a edición en liña de elementos procedentes de arquivos XLIFF. Mellora aspectos das preferencias, os plugins, os introducíbeis e o código da memoria de tradución e a terminoloxía. Algunhas destas melloras xa foron introducidos no manual do aplicativo accesíbel en liña.
Desde o punto de vista da produtividade aspecto máis novidoso é que agora presenta suxestións de tradución e terminoloxía baseadas na consulta combinada en local con corpus ou servidores de traducións en liña como Opentran.eu. Isto, xunto coa rendibilidade de uso dos estándares, permite ampliar a capacidade das comunidades de localización para o logro de novos niveis de calidade lingüística, especialmente a corrección e erros e a homoxeneidade.

Virtaal 0.4

Virtaal baséase na potente API de Translate Toolkit, da que tamén sae unha actualización con este lanzamento. O nome do aplicativo provén dun xogo de palabras africanas que significa "para o idioma"; máis tamén se refire á tradución. As súas principais características foron xa descritas en Mancomún anteriormente.

Para a súa instalación en Ubuntu cómpre ter actualizado o paquete python-central á versión 0.6.11 (versión propia da Ubuntu Jaunty) que se pode obter desde aquí; iso permitirá instalar a versión actualizada do software básico de localización Translate Toolkit e posteriormente o propio Virtaal.

Fonte: Sourceforge.net

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal