Mancomún

Liberado 0 A.D. un xogo de estratexia en tempo real con alta calidade 3D

Venres, 17 Xullo 2009

0 A.D.Os entusiastas dos xogos de estratexia en tempo real están de en hora boa, xa que a empresa Wildfire Games acaba de anunciar que libera o código do seu xogo 0 A.D, nun intento de contar con desenvolvedores independentes para que axuden a rematalo e estendelo máis alá dos plans orixinais do proxecto.

0 A.D é un xogo similar ao famoso Age of Empires ou ao Imperium pero a diferenza con estes é que o seu código está agora liberado baixo licenza GPL v2.0 e todos os seus contidos artísticos baixo a CC-BY-SA. Entre as características deste xogo podemos destacar as seguintes:

  • Fidelidade histórica

  • Seis civilizacións diferentes

  • Estacións do ano e cambios meteorolóxicos

  • Provincias e territorios

  • Mapas realistas

  • Guerras navais moi reais

  • Editor moi completo

  • Varios modos multixogador

Este xogo baseado na historia leva en desenvolvemento dende o ano 2001, e ten xa 150.000 liñas de código C++. Polo momento, o proxecto está en estado Alpha, e os instaladores aínda non están dispoñíbeis, pero pódense atopar as instrucións para compilalo en GNU/Linux, Mac OS e Windows.

Wildfire Games tamén acaba de sacar un concurso público para obter sons para as batallas, como, por exemplo, os son dos de guerreiros chorando ou berrando nas batallas. Así que a persoa que estea interesada en que a súa voz saía neste xogo pode chegar a conseguilo.

Preme aquí para ver un vídeo demostrativo deste xogo.

Fonte: http://www.vivalinux.com.ar/soft/0-a.d.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal