O mes de novembro deixou unha nova versión da alternativa libre aos tradicionais BIOS (Basic Input Output System) Coreboot, a actualización ten o número de versión 4.13. Dentro das novidades máis destacadas está o soporte de 63 novas placas base, unha nova versión do cargador SMM, soporte inicial para a arquitectura x86_64 para o emulador QEMU.
Máis información nas notas da versión.
