Datos.gob.es é o portal estatal no que se organiza e xestiona o catálogo de Información Pública, o punto único de acceso ao conxuntos de datos da Administración Xeral do Estado. O seu obxectivo prioritario é promover a publicación, mellorar o acceso e favorecer a reutilización da información pública correspondente á Administración Xeral do Estado. É a iniciativa estatal equivalente ao noso portal @bertos.
En coherencia coa política de reutilización da información pública e estendendo esta mesma política á reutilización do software, veñen de liberar, en colaboración con CENATIC, o código do proxecto no que se sustenta dita plataforma. A disposición de forma aberta deste desenvolvemento permite a calquera cidadán, organismo ou empresa facer duso el e crear así un espazo propio dedicado a Datos Abertos.
O proxecto Datos.gob.es está dispoñible na Forxa da comunidade de Software Libre CENATIC. Xunto á publicación do código de datos.gob.es na Forxa de CENATIC, habilitouse tamén : un foro público onde falar do desenvolvemento, unha lista de correo pública para intercambiar mensaxes e un espazo para a xestión de bugs, soporte, parches e petición de funcións. Para participar nesta comunidade, abonda con unirse ao proxecto na Forxa de CENATIC.
Para dar continuidade á apertura e reutilización do desenvolvemento de datos.gob.es, publicaranse nesta forxa os futuros desenvolvementos que se aborden e que poidan ser de utilidade para a comunidade reutilizadora.
A publicación do código fonte de forma aberta de datos.gob.es é a continuación do compromiso do proxecto coa comunidade de datos abertos. Tamén se publicaron o pasado ano diverso material e a documentación do portal así como a súa arquitectura.
Fonte: CENATIC
