Recentemente, Linus Torvalds anunciou que o núcleo Linux 2.6.30 xa está dispoñíbel, e toma o relevo da anterior versión liberada en marzo pasado. Torvalds advirte que poida que haxa algún que outro fallo pendente, pero necesitábase unha versión real para poder dispor de máis realimentación por parte das persoas usuarias.
Esta nova versión conta con numerosas melloras, á parte dos novos controladores que engade, das que destacan notabelmente a compatibilidade inicial co rexistro estruturado do sistema de arquivos NILFS2, a rede distribuída de sistemas de arquivos POHMELFS, o protocolo RDS, a arquitectura de CPU Microblaze, a compatibilidade DRM con tarxetas de vídeo Radeon R6xx/R7xx, o módulo de seguridade Tomoyo, ou a posibilidade de cambiar entre os modos RAID 5 e 6. Aínda que podemos atopar moitas máis novidades coma os cambios en V4L(Video For Linux) e en DVB, a compatibilidade con códecs de audio coma Atmel AC97 e Xonar Essence STX, ou a maior potencia para tecnoloxías GEM e KMS.
Tamén cabe subliñar que esta nova versión do núcleo inclúe compatibilidade preliminar para NFS 4.1 e IEEE 802.11 ou o arranque máis rápido grazas á exploración asincrónica de particións e dispositivos, e que por fin nesta versión se solucionaron os problemas de conflitos que afectaban aos portátiles Dell.
Fontes: http://www.comunidadgnu.com.ar/noticias/3986-liberado-el-kernel-2630
http://softlibre.barrapunto.com/softlibre/09/06/10/2059203.shtml
