Mancomún

Liberado o núcleo de Symbian

Venres, 23 Outubro 2009

SymbianFai un tempo xa que Nokia prometerá que ía liberar Symbian. Isto xa empeza a ser unha realidade xa que como se indica dende o blog de Symbian, o núcleo do sistema operativo Symbian, Epling, foi liberado baixo a licenza EPL.

Está é unha proba do compromiso de Nokia coa comunidade do software libre. Ademais agora Symbian ten integrado un kit de probas, para axudar aos usuarios a iniciarse nel, e así poder axudar a desenvolver esta plataforma e os controladores.

Con esta medida, Nokia quere darlle a posibilidade á comunidade de poder adaptar Symbian a todo tipo de dispositivos, como por exemplo os computadores portátiles. E deste xeito non limitar o seu uso ao eido da telefonía móbil.
Esta é unha manobra da que xa avisara Nokia cando se fixo coas accións que controlaba de Symbian para convertela nunha fundación. Aínda que Nokia perdeu cartos e cota de mercado este trimestre, os teléfonos con Symbian seguen sendo unha parte moi importante do parque de dispositivos móbiles.

Fonte: barrapunto.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal