Mancomún

Liberado QEMU 5.2

Martes, 15 Decembro 2020

A solución de emulación e virtualización QEMU ven de liberar a súa versión 5.2, a que presenta máis de 32.000 cambios de 216 contribuidores.
Entre as novidades máis destacadas están varias melloras relativas ao soporte da arquitectura RISC-V, novas placas ARM soportadas, a implementación de todas as características obrigatorias da especificación de NVMe 1.3 e moitas máis que se poden consultar no listado de todos os cambios.

Máis información e descarga no blog do proxecto.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal