LibOCon Almeria amplía o prazo para presentar propostas de charlas ata o 15 de xullo.
O evento terá lugar entre o 11 e o 13 de setembro de 2019.
Desde a organización alentan á xente a enviar propostas de charlas, tanto se es un relator experimentado coma se non, sempre que teñas algo interesante que compartir sobre LibreOffice ou o Proxecto de Liberación de Documentos.

Temas que se tocarán nas charlas
a) Desenvolvemento, APIs, Extensións, Tecnoloxía do Futuro
b) Garantía de calidade
c) Proxectos de localización, documentación e lingua materna
d) Facilidade de uso, deseño e accesibilidade
e) Formato de documento aberto, liberación de documentos e interoperabilidade
f) Avogar, Promover, Marketing LibreOffice
Duración e tipos de charlas
– As presentacións, estudos de caso, talleres e charlas técnicas centraranse nun tema e durarán 30 minutos (incluíndo preguntas e respostas).
– As charlas rápidas cubrirán un tema específico e terán unha duración de 5 minutos (incluíndo preguntas e respostas).

As sesións transmitiranse en directo e gravaranse para a súa descarga.
Envío das propostas
Os interesados poden enviar unha breve descrición/bio de si mesmos así como a súa proposta de charla/taller á dirección: conference@libreoffice.org
Se temos varias charlas, debemos enviar un correo electrónico por separado para cada unha delas.
Desde a organización recomendan tamén que as charlas non conteñan material con dereitos de autor (música, imaxes, etc) para poder incluílas na canle de YouTube da TDF.
