Mancomún

LIBRAE, xestión integral de bibliotecas en software libre

Xoves, 10 Decembro 2009

Durante a Conferencia Internacional de Software Libre (Free Software World Conference) que tivo lugar os días 1, 2 e 3 de decembro en Cáceres presentouse o aplicativo LIBRAE, unha solución integral para a xestión de bibliotecas composta por software libre

Librex e Librea, dúas solucións bibliotecarias desenvolvidas por Estremadura e Andalucía converxen nesta nova ferramenta, LIBRAE, que supón un sistema informático único e homoxéneo adaptado ás necesidades das bibliotecas, cunha plataforma independente mantida por fondos públicos. Esta nova ferramenta supón adaptar a xestión de bibliotecas á nova realidade dixital, para, a través de medios tecnolóxicos, conseguir nun futuro unha “biblioteca 2.0″ na que sexan os propios usuarios os que produzan parte da información que conteña o sistema.
Grazas a un acordo oficial entre administracións das dúas comunidades autónomas, búscase a creación dun produto común que supoña un compartimento de recursos, coa utilización dunhas bases preestablecidas que se melloran e adaptan ás novas demandas das bibliotecas.

A actual versión 0.4 está en fase de certificación, pendente de revisión por parte dun comité de expertos bibliotecarios. Todo apunta a unha presentación xeral da ferramenta durante o primeiro trimestre de 2010.

Fonte: cisl09.nccextremadura.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal