Mancomún

Librem 14, novo portátil de Purism centrado na privacidade

Martes, 14 Xullo 2020

Purism anunciou a apertura das reservas do Librem 14, portátil que inclúe mecanismos para reforzar a privacidade do usuario.

Características: chasis de aluminio, panel IPS 1080p, procesador Intel Core i7, ata 32 GB de RAM e ata 2 TB de almacenamento en formato SSD. Sistema operativo PureOS (avalado pola Free Software Foundation).

Conexións: Wifi, Gigabit Ethernet, HDMI, jack de 3,5 milímetros, lector de tarxetas microSD e USB 3.1 (en formato USB C e A), pódense conectar dous monitores externos aproveitando as interfaces USB C e HDMI.

Incorpora botóns físicos que permiten inhabilitar a webcam, o micrófono e a Wifi e soporta PureBoot, firmware de alta seguridade de Purism.

Máis información na web oficial

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal