O creador do proxecto Elastix, do que xa vos falamos hai tempo, vén de publicar con licenza GFDL un completo libro titulado “Comunicacións unificadas con Elastix“. En palabras do seu autor, o libro está orientado a persoas sen experiencia previa en voip, Linux ou Elastix, e ten por obxectivo que os seus lectores ao rematar a súa lectura sexan quen de implementar e administrar un sistema baseado na distribución Elastix.
A elección dunha licenza libre vén dada pola crenza do seu autor de que deste xeito as contribucións da comunidade axudarán a mantelo ao día e acadar que se adapte o mellor posible ás necesidades dos usuarios noveis desta distribución.
O libro está escrito en español e buscan axuda para traducilo a outros idiomas, para atopar e corrixir erros. Ademais están abertos a recibir propostas de novos artigos para mellorar e ampliar os contidos do libro.
Fonte: Elastix
