Mancomún

Licenzas para obras culturais libres

Mércores, 17 Decembro 2008

Vemos na web de Agnix unha nova sobre unha páxina moi interesante, freedomdefined.org, que estende e xeneraliza o concepto de software libre a obras culturais libres. É dicir define claramente cos criterios que definen as obras culturais libres e cales son as licenzas que se poden aplicar a unha obra para que sexa considerada libre.

Segundo lemos na nova, freedomdefined é unha web que recomendaron varios dos relatores das recentes Xornadas de Dereito TIC.

Trátase dunha documentación feita con metodoloxía wiki que define as “obras culturais libres” (Free Cultural Works) como obras ou expresións que poden ser libremente estudadas, aplicadas, copiadas e/ou modificadas por calquera, para calquera propósito. Ademais indican que para que unha obra sexa considerada libre, debe estar cuberta por unha licenza cultural libre, ou a súa situación legal debe proporcionar as  liberdades esenciais mencionadas na definición.

Mais non se quedan tan só niso, senon que tamén inclúen unha páxina coas licenzas que se poden considerar libres, ou unha páxina onde recollen outros movementos que defenden as mesmas liberdades en contextos máis particulares, como por exemplo a FSF.

Fonte: Agnix

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal