O Linux App Summit, terá lugar entre o 12 e o 15 de novembro no Centro Cívico Lleialtat Santsenca 1214 (Barcelona).
Linux App Summit

O Linux App Summit, anteriormente chamado Libre Application Summit, é unha conferencia enfocada en fortalecer o ecosistema de aplicacións libres en Linux, co obxectivo da creación de aplicacións de calidade, busca tamén visibilizar aos desenvolvedores de software libre e fomentar un mercado próspero para o sistema operativo Linux.
Este ano Barcelona foi elixida como lugar de celebración debido ao crecente interese internacional.

Autoría imaxe: Foto de Vitor Monteiro on Unsplash
GNOME e KDE, están entusiasmadas coas posibilidades do esforzo conxunto da organización e desenvolvemento de aplicacións para Linux, non permanecendo pasivas, senón liderando e planificando cara o futuro.
Poderase asistir a charlas sobre unha ampla gama de temas que cobren desde a creación, empaquetado e distribución de aplicacións, ata a comercialización dentro do ecosistema Linux, o deseño de fermosas aplicacións e moito máis, todo iso proporcionado polos mellores expertos en cada campo.
O encontro está pensado principalmente para desenvolvedores de aplicacións, deseñadores, xerentes de produto, especialistas en experiencia de usuario, líderes da comunidade, académicos e calquera persoa interesada no estado do deseño e desenvolvemento de aplicacións Linux.
Comunidade KDE

A Comunidade KDE é unha comunidade de software libre dedicada a crear unha experiencia informática aberta e fácil de usar, ofrecendo un escritorio gráfico avanzado, unha ampla variedade de aplicacións para a comunicación, o traballo, a educación e o entretemento e unha plataforma de bibliotecas e frameworks que axuda aos desenvolvedores a construír facilmente novas aplicacións.
Fundación GNOME

A Fundación GNOME é unha organización sen ánimo de lucro, composta por centos de desenvolvedores voluntarios e compañías líderes na industria. A Fundación GNOME apoia a procura da liberdade do software a través da innovadora, accesible e fermosa experiencia de usuario creada polos contribuidores de GNOME en todo o mundo.
Programa de actividades
Podedes ver todas as actividades dos catro días nesta web.
Inscrición
A asistencia ao Linux App Summit é gratuíta, pero é necesario estar rexistrado para asistir ao evento. Pódese facer a través deste formulario.
