Mancomún

Linux Kernel Mentorship, plataforma da Linux Foundation

Xoves, 28 Marzo 2019

Plataforma que axudará, aos aspirantes a desenvolvedores, a descubrir e participar en proxectos de código aberto importantes. A Linux Foundation traballa para sacar adiante esta iniciativa en CommunityBridge, un lugar onde os mentores do kernel poden inscribirse para compartir a súa experiencia con calquera desenvolvedor que teña as habilidades básicas.
Os seleccionados recibirán un pago de 5500$ e unha viaxe valorada en 500$ para recibir un programa de 12 semanas onde aprender e colaborar cos mentores na procura e resolución de erros do kernel Linux.
Máis información neste enlace.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal