Mancomún

Linux-libre 2.6.30

Xoves, 18 Xuño 2009

FreedoTras a presentación da versión 2.6.30 do núcleo Linux, anunciouse o pasado día 13 a saída da versión 2.6.30 de Linux-libre.

Linux-libre é un proxecto que publica e mantén versións modificadas do núcleo Linux ás que se lles quitou todo o software que non inclúa o código fonte, que inclúa o código fonte baixo licenzas privativas, ou con código fonte ofuscado, e tamén aquelas partes que requiren a instalación de software adicional que non sexa libre.

Este proxecto é levado a cabo pola Free Software Foundation América Latina.
Nesta versión 2.6.30, como podemos ler na nota de lanzamento, a maioría dos cambios que se lles fixeron aos scripts de limpeza do núcleo orixinal teñen que ver con novos controladores que requiren ou conteñen software non libre, e con firmware incorporado nos controladores, que se segue a extraer e gardar nunha árbore de directorios á parte.

Varias distribucións empregan linux-libre como núcleo: gNewSense, BLAG, Ututo, a galega Trisquel

Fonte: Grupo LinuxLibre en identi.ca

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal