Mancomún

Lista a imaxe do CD co OpenOffice.org 3.0.0 en galego

Mércores, 19 Novembro 2008

OOo3.0.0 Tras a publicación do OpenOffice.org 3.0.0 en galego , xa está dispoñible para todos dende a nosa web a imaxe do CD coas distintas versións da suite ofimática OpenOffice.org en galego para os distintos sistemas operativos, ademais do corrector ortográfico instalable mediante o asistente que trae o OpenOffice.org.

 

Neste CD pódese atopar:

  • OpenOffice.org 3.0.0 para Windows , GNU/Linux e Mac OS X:
    • Para Windows temos a versión completa e máis o paquete de idioma.
    • Para GNU/Linux hai a versión en formato “deb” e “rpm”.
    • Para Mac OS X atoparás a versión para a plataforma Intel.
    • Para outras versións consultar a nova orixinal da publicación do OpenOffice.org 3.0.0 en galego
  • O corrector ortográfico de galego versión 3.0 preinstalado nas versións en galego do OpenOffice.org. Tamén está dispoñibles o instalador por separado.
  • CD autoexecutable.

Podes descargala dende a sección de descargas da nosa web ou na ligazón da imaxe que acompaña a esta nova.

Para usar esta imaxe, previamente teremos que descargala ao noso computador. Unha vez feito isto, procederemos a gravala cun programa de gravación de CD, como o Gnomebaker ou K3b (para GNU/Linux) e/ou Infra Recorder (para Windows).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal