Mancomún

Little Social Projects: Pequenos proxectos sociais colaborativos e baseados en software libre

Martes, 10 Maio 2016
Logo Little Social ProjectsLittle Social Projects é unha iniciativa para levar a cabo pequenos proxectos sociais que axuden a mellorar, na medida do posible, a nosa contorna, sociedade e en definitiva o noso mundo.

Son pequenos proxectos sen ánimo de lucro, colaborativos, abertos, autorealizables e de temática diversa. Levados a cabo por xente do común coa posibilidade e colaborar con diversas entidades como ONGs, asociacións, institucións públicas, empresas ou comunidades.

Todo o proceso é público, dende a planificación ata a realización e posterior evaluación do proxecto, de xeito que outras persoas poidan aprender da experiencia e reproducir o proxecto noutro lugar ou noutro ámbito.

Ulo Deporte?!, primeiro proxecto con OpenStreetMap

A iniciativa xa ten en marcha o seu primeiro proxecto, neste caso apoiado sobre a iniciativa OpenStreetMap, que consiste na visibilización das instalacións deportivas en Galicia nun mapa a través de internet, de xeito gratuíto e con información 100% libre.

O que se persegue é que calquera persoa, usuaria ou coñecedora dunha instalación deportiva a dea de alta na plataforma OpenStreetMap, unha plataforma que pretende crear unha base de datos cartográfica libre. Para iso elaboraron diversos tutoriais que mostran como empregar OpenStreetMap e como dar de alta estos elementos.

Toda a información sobre este proxecto pódese atopar nesta páxina web. Así mesmo tamén hai dispoñible unha rolda de correo onde se fala desta e doutras iniciativas.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal