Se quere probar Android, a coñecida plataforma de código aberto de Google para teléfonos móbiles, pero non se sente con ganas de mercar un teléfono T-Mobile, LiveAndroid pode resultarlle de interese.

O proxecto LiveAndroid ofrece unha imaxe dun CD vivo co sistema operativo Android. Grave a imaxe nun disco, reinicie o computador co disco dentro, e poderá probar Android sen ter que instalalo sequera.
Na wiki do proxecto en google code pódense atopar interesantes ligazóns que nos han axudar se queremos comezar con este CD vivo, dende preguntas frecuentes ata notas sobre como configurar a rede neste sistema. Moitas das ordes empregadas para a configuración da rede resultaranlle familiares aos usuarios de GNU/Linux…
Aínda que LiveAndroid funciona e permite ver as capacidades de Android, apréciase facilmente que Android non é un sistema operativo enfocado cara os computadores persoais. E, como ben din os creadores deste proxecto: “LiveAndroid permítelle probar o sistema operativo para teléfonos de Google. Queremos que LiveAndroid poida chegar a ser un SO real para o seu computador, pero polo de agora só é un xoguete :)”
Fonte: MuyComputer. Nesta mesma ligazón poderá ver máis capturas de pantalla de LiveAndroid en funcionamento.
