Mancomún

LiveServer k12: servidor de clientes lixeiros configurado para funcionar en modo "vivo" desde USB

Luns, 9 Febreiro 2009

http://wtogami.fedorapeople.org/archive/2009/k12linux-fedoralogo.png O proxecto K12Linux anunciou a dispoñibilidade do Live Server con Fedora 10 que pode ser utilizado para facer rapidamente unha rede de clientes lixeiros sen disco duro ou para ter directamente instalado e preconfigurado un servidor de terminais Linux.

K12Linux é un proxecto para facer un servidor de Linux de modo que computadores reciclados ou con poucos recursos poidan utilizarse coma clientes lixeiros, conectándose e utilizando os recursos do servidor, formando parte dunha completa rede.

K12Linux Live Server trae Fedora 10 como SO e pode executarse en modo “vivo” desde unha chave USB.

Algunhas das características son:

  • Os clientes lixeiros poden utilizar calquera escritorio do servidor: GNOME, KDE, Xfce, etc.
  • Autoconfiguración de clientes lixeiros sen disco, iniciando desde PXE.
  • As aplicacións execútanse máis rápido ao quedar en memoria se xa están a ser utilizadas por outros usuarios.
  • Utilizando pulseaudio envíase o son pola rede.
  • Capacidade para aplicacións locais. Certos aplicativos multimedia pódense configurarse localmente utilizando o hardware dos clientes lixeiros.
  • Compatibilidade con dispositivos locais.
Fontes:
https://fedorahosted.org/k12linux/wiki/LiveServer
http://actualidad.espaciolinux.com/2009/02/04/1426/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal