(Pide desculpas por non atreverse a falar en español) Son o director de comunidade (community manager) de OpenOffice.org que esencialmente implica intentar que a comunidade de OOo se faga oír e facilitarlles aos colaboradores a súa contribución ao proxecto. O Software Libre sempre se compón de pequenos grupos que achegan código por razóns propias que non sempre coinciden e non lles preocupan as razóns dos outros para colaborar. Pero para ter un proxecto común precisas comunicación, regras e un sentido da responsabilidade cara os demais así como comprensión. Unha das miñas tarefas é axudar ás persoas a comunicarse máis eficientemente.

Hoxe é só o segundo día e estamos expectantes a ver que pasa. Onte foron as presentacións e houbo moitas discusións técnicas que soen ser bastante proveitosas. Ata o de agora o encontro foi magnífico cun gran traballo de organización por parte de SoftCatalá.
Non hai un punto forte de debate pero destacaría este ano o uso de estándares abertos e o Open Document Format. Só este ano os gobernos se tomaron seriamente a importancia dos estándares abertos para os documentos ofimáticos. Red Flag, coa versión chinesa de OOo e IBM coa súa achega á comunidade son como un renacemento para nós e permítenos pensar en como queremos afrontar o futuro.
Haberá un montón delas. Na 3.0 será moito máis fácil crear e xestionar extensións. Por outra banda queremos mellorar OpenOffice.org para as empresas promovendo os contornos colaborativos, a participación e mellorando o xeito no que se comparte e representa a información.
Unha das dificultades máis grandes é ter que estar dispoñible para todas as plataformas. Se ti por exemplo creas unha unha extensión para Mozilla só tes que estar pendente de que esa extensión concreta funcione nunha aplicación concreta. Sen embargo en OOo queremos asegurarnos de que cada extensión traballa axeitadamente e a dificultade reside en que a arquitectura e algunhas extensións son complexas e realmente integradas en OOo. Porque cando falamos de extensión non falamos só de simples complementos (addon) senón que tamén hai extensións con axuda integrada. Aí non podes limitarte a escribir un script e difundir este desenvolvemento (aínda que espero que a xente o siga a facer) porque hai un montón de traballo neste complemento.
