Mancomún

LPIC e Novell asinan un acordo para a estandarización das certificacións Linux

Mércores, 10 Febreiro 2010

Novell CLANovell e o Linux Professional Institute (LPI) veñen de anunciar un novo acordo internacional dirixido a acadar a estandarización dos seus programas de certificación básica en Linux.

LPIC-1Grazas a este acordo, aqueles individuos que teñan obtido o certificado LPIC-1 do programa de Linux Professional Institute Certification (LPIC) tamén “satisfarán os requisitos para obter a certificación Certified Linux Administrator (CLA) de Novell". Jim Lacey, presidente e CEO de LPI dixo que, "aliñando a súa formación e o curriculo de preparación do exame cos obxectivos do LPIC-1, Novell recoñece a necesidade da industria de ter un programa de certificación neutral que prepare aos profesionais TIC para traballar cunha distribución Linux nun contorno empresarial.” 

O programa LPIC consta de 3 niveis de certificación, dende as tarefas máis básicas, incluíndo a liña de ordes e a configuración de estacións de traballo (LPIC-1), ata as habilidades do "nivel profesional" (LPIC-3). Novell di que o seu programa de certificación CLA está dirixido a capacitar para "a administración diaria dunha rede de servidores SUSE Linux Enterprise". 
Baixo este acordo, os posuidores da certificación LPIC-1 poderán solicitar a certificación Novell CLA sen necesidade de pagar ningunha taxa adicional nin realizar outro exame, só deberán seguir as instrucións indicadas na web de LPI. Ademais o Servizo de Formación de Novell incluirá os obxectivos do LPIC-1 nos materiais dos cursos de formación para obter o CLA.

LPI prepara unha nova especialidade para a súa certificación LPIC-3

LPI está preparando unha nova especialidade de nivel 3, LPIC-304 – High Availability and Virtualization, dirixida a certificar a capacitación dos profesionais para implementar solucións Linux para a “computación na nube”.

Seguindo a dinámica do LPI para a preparación dun novo exame fan un chamamento á comunidade de profesionais Linux (certificados LPIC) para cubrir unha enquisa (Job Task Analysis – JTA) na que os profesionais activos indiquen con que frecuencia realizan unha serie de actividades, a importancia que ten para eles no seu desempeño profesional, … dirixida a determinar os requisitos necesarios para desempeñar as funcións que se pretenden certificar que determinen os requisitos do novo exame e o seu peso.

Os obxectivos para a preparación do examen e material de formación estarán dispoñibles o 15 de febreiro de 2010, e o novo exame está planificado para ser publicado en Xuño de 2010.

Fonte: LPIC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal