Mancomún

Lubuntu xa é unha realidade

Mércores, 2 Setembro 2009

LubuntuFai uns meses Mancomun.org informaba de que había negociación entre os responsábeis do proxecto do contorno de escritorio LXDE e Canonical para facer unha distribución lixeira baseada en LXDE. Aínda que xa existe Xubuntu como distribución lixeira, xurdiron queixas de que esta distribución non cumpría os requirimentos para executarse con equipos antigos e con moi poucos recursos. Pois finalmente o proxecto LXDE aceptou a petición de Canonical e, produto deste acordo, agora acábase de anunciar a liberación da primeira versión preliminar a Lubuntu 9.10 Beta 14.

Esta versión deriva da versión de desenvolvemento de Ubuntu 9.10 “Karmic Koala” e a súa primeira ISO ocupa só 342 Mb . Esta ISO está baseada no traballo de David Sugar con parches de toda a comunidade e inclúe paquetes como:

  • Kernel 2.6.31 RC8

  • Firefox 3.5.2

  • Pidgin 2.5.8

  • Openbox 3.4.7.2

  • Aqualung R-1061

  • Xfburn 0.4.2

O obxectivo de Lubuntu é funcionar en computadores limitados e MIDs, baseados non só na plataforma de Intel senon tamén en ARM e MIPS, e convertirse finalmente nun derivado oficial do proxecto Ubuntu. A data marcada para o lanzamento da versión definitiva de Lubuntu 9.10 é a finais de outubro, ao mesmo tempo que Ubuntu 9.10.

Fonte: http://www.vivalinux.com.ar/distros/lubuntu-9.10-beta14

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal