Na web de Lucux (asociación de usuarios de Software Libre de Lugo) comentan a súa presenza na Ludus Party 2007, na “install-party” que realizaron:
“O pasado sábado día un de Decembro, Lucux participou na Ludus Party 2007 organizando unha install party. O evento estivo aberto para todas as persoas, tanto participantes da party coma para visitantes.
Tivemos á nosa disposición unha ducia de PCs para que as persoas que non trouxeron o seu ordenador puidesen participar na instalación. A distribución escollida para a ocasión foi Ubuntu 7.10. A install estaba enfocada a xente sen coñecementos previos de GNU/Linux polo que esta distribución era unha das mais axeitadas.
Ademáis da install, algúns membros da asociación deron unhas pequenas clases individuais persoalizadas ás necesidades dalguns participantes, así como tamén fixemos unha mostra do que pode facer Linux cos escritorios 3D…
http://lucux.net/novas/install_party_na_ludus_party_2007
