A Institución Galega de Ciencia Igaciencia organiza, coa colaboración do Concello de Lugo, para os vindeiros días 2 e 3 de xullo o I Congreso de Software Libre para Ciencia, Matemática e Tecnoloxía enmarcado no ano galego da Tecnoloxía. Desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas no CEI-Nodus de Lugo.
Esta mesma mañá asinouse o convenio de colaboración entre o concello de Lugo e Igaciencia para organizar este congreso que vai dirixido fundamentalmente aos docentes de toda Galicia. A día de hoxe hai xa 90 inscritos co que están esgotadas as 75 prazas de participación no congreso, limitadas polo número de ordenadores dispoñibles, polo que calquera nova inscrición será incluída nunha lista de agarda ante posibles baixas.
O Congreso foi homologado pola Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria por 16 horas de formación.
Segundo informou o Concello de Lugo nun comunicado, Igaciencia é unha asociación sen arela de lucro que ten como finalidade o fomento da cultura científica, o impulso do espírito científico e emprendedor e concienciar á sociedade galega sobre a importancia do I+D+i no desenvolvemento económico e o benestar social de Galicia.
Os participantes no congreso recibirán información teórica e práctica, impartida por poñentes de recoñecida experiencia no ámbito do software libre aplicación á educación. O programa provisional do mesmo é o seguinte:
Dia 2 de xullo
- 10:00 -11:00
- O silencioso dominio do Software Libre, Roberto Brenlla (Tegnix)
- 11:00 – 12:00
- Unha ferramenta de software libre para a formación en ciencias: Epilinux, Miguel Ángel Rodríguez Muíños. Técnico Informático da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia
- "educaBarrié na aula de ciencia e tecnoloxía. Aplicacións prácticas para Youtube e Audacity" Xacobo de Toro Cacharrón.e Susana Vázquez Martínez. Gabinete de Mestres de educaBarrié
- 12:15 – 13:15
- Software libre no centro educativo dixital (sobre Abalar) (Agasol)
- Interfaces web a software científico. Mario Rodríguez Riotorto (programador de Maxima)
- 13:15-14:15
- Localización de Software Libre ao galego, Enrique Estévez Fernández, tradutor de Mozilla ao galego e Antón Méixome, Lingüista e coordinador de LibreOffice e Apache OpenOffice. Tradutores de Trasno (Trasno)
- Sage. Francisco Botana (Uvigo), Promotor do uso de Sage como alternativa a outros softwares matemáticos comerciais.
- 16:00 – 18:00
- Mesa redonda sobre o Software Libre en Galicia. Francisco Botana (Uvigo), Antón Méixome (Trasno), Alberto Couto Losada (Responsable FLOSS da AMTEGA, Xunta de Galicia), (Agasol)
- 17:00 – 18:00
- Maxima, un sistema aberto de cálculo simbólico. Mario Rodríguez Riotorto (do equipo Maxima)
- 18:15 – 20:15
- Obradoiro de tradución ou localización ao galego, Enrique Estévez Fernández e Antón Gómez Méixome (Trasno)
- Obradoiro de Maxima, Mario Rodríguez Riotorto (do equipo Maxima)
Día 3 de xullo
- 10:00 – 12:00
- Metodoloxía copyleft e proxecto Abalar Pablo Nimo Liboreiro e Xosé Luis Barreiro Cebey (Asesores da Consellería de Educación)
- 10:00 – 11:00
- Estatística con R Salvador Naya Fernández (UDC)
- 11:00 – 12:00
- Aplicacións de R no sector de análise de xenomas para xenómica, proteómica e oncoloxía. Miguel Branco (bioinformático)
- 12:15 – 13:15
- Software Libre aplicado á simulación e modelización nas PEMEs produtoras. Dr. Andrés Gomez Tato
- 13:15 -14:15
- Experiencia do CESGA no uso do SW. Libre aplicado en ferramentas colaborativas e e-learning. María José Rodriguez Malmierca
- Ensinar Matemáticas con Scilab Consuelo Castro Vázquez. IES Terra de Trasancos de Narón
- 16:00 – 17:00
- eXeLearning e Moodle na área de Tecnoloxía Pilar Anta Fernández do IES de Sabón e UDC
- 17:00 – 18:00
- Geogebra na área de Tecnoloxía Javier Macho Eiras da Escola de Arte Pablo Picasso, e UDC
- Drupal 6 ou 7? Indicacións para a migración. Manuel Díaz Regueiro
- 18:15 – 19:15
- Competencia matemática e Geogebra. Inés Ben González. IES Vilar Ponte de Viveiro
- 19:15 – 20:15
- Python e Geogebra 5, Manuel Díaz Regueiro
- 18:15 – 20:15
- Obradoiro de Moodle, Pilar Anta do IES de Sabón e UDC
Pódese consultar tamén un resumo do contido dalgúns dos relatorios no portal don Congreso.
