![]()
O vindeiro 28 de maio, Madrid acollerá a primeira edición da CiviCon Sur de Europa 2015. Trátase dun encontro de carácter internacional de usuarios, desenvolvedores, implantadores e entusiastas da plataforma CiviCRM.
CiviCRM é unha plataforma orientada á xestión de organizacións sen arela de lucro e do terceiro sector, que permite a administración de contactos, donativos ou cuotas, envío de emails a listas, xestión de eventos, creación de campañas, petición de sinaturas, etc. todo integrado nunha mesma interface web.
Este primeiro evento para o sur de Europa constará de interesantes sesións para usuarios de todos os niveis de CiviCRM, tanto se xa son usuarios avanzados como se é a primeira experiencia con este aplicativo. Así por exemplo, falarase sobre os beneficios de empregar tecnoloxías con licenza libre na xestión de organización do Terceiro Sector ou farase unha demo extensiva de CiviSEPA, o modulo desenvolvido para poder xestionar e presentar os recibos domiciliados cumplindo a normativa SEPA.
A asistencia a este encontro é de carácter gratuíto. Esta conferencia celébrase en paralelo á edición de Amsterdam CiviCon NW Europe.
Ixiam Global Solutions, compañía española integradora, desenvolvedoa e activa participante na comunidade de CiviCRM, colabora activamente na organirzación deste encontro, en representación de CiviCRM. O obxectivo desta CiviCon é promover a comunidade de CiviCRM no Sur de Europa e que o encontro se convirta nunha cita ineludible para compartir coñecemento e experiencias sobre esta ferramenta.
O programa, a día de hoxe, está aínda en fase de desenvolvemento, estando aberto o prazo para o envío de comunicacións.
Os asistentes terán tamén a ocasión de resolver as súas dúbidas así como recibir consellos personalizados por parte do equipo de consultores expertos de iXiam, para o que precisarán solicitar cita previa a través do email info @ ixiam.com
Xornada intensiva de formación no uso de CiviCRM
Ademais, do encontro do día 28, o día anterior, o 27 de maio a empresa iXiam Global Solutions ofrecerá unha sesión intensiva de formación para usuarios no Madrid International Lab. Os obxectivos desta formación serán coñecer como funciona a comunidade de CicviCRM e como atopar información e soporte, aprendere a utilizar CiviCRM como ferramenta de xestión diaria, ser quen de instalar e configurar CivicRM e coñecer a diferencia dos diferentes módulos de CiviCRM e como interactúan entre sí. Esta formación ten un custe de 220€ máis ive.
