Mancomún

Madrid alberga o primeiro observatorio astronómico do mundo de acceso libre e gratuíto

Luns, 2 Febreiro 2009

A Facultade de Informática da Universidade Politécnica de Madrid ten dende hai uns días o primeiro observatorio astronómico do mundo libre e gratuíto, posto que para o seu funcionamento emprega tecnoloxías libres e todos, ademais de que todos os seus servidores executan GNU/Linux.

Coincidindo co inicio do Ano Internacional da Astronomía 2009, o observatorio foi inaugurado recentemente por persoal directivo da UPM, quen destacou a relevancia desta iniciativa pola súa peculiaridades técnicas. Francisco Sánchez, responsábel do observatorio, explicou a historia e desenvolvemento do proxecto, incidindo no feito de que se trata do primeiro observatorio astronómico do mundo de acceso libre e gratuíto que se controla remotamente mediante un software libre de licenza GPL, denominado Ciclope Astro e mantido polo grupo investigador da FIUPM.

Segundo engadiu, este software proporciona unha serie de ferramentas para experimentos astronómicos, para creación de escenarios e para control de telescopios, cámaras e cúpulas de forma remota, e posibilita a calquera internauta acceder desde a súa casa ao observatorio para vivir diferentes experiencias astronómicas.

O observatorio, Observatorio Astronómico Montegancedo, está situado no Edificio 6 da FIUPM, no Campus de Montegancedo, Boadilla del Monte. Dentro da cúpula dispón dun telescopio de 10″, robotizado e automatizado mediante computador, e diversos equipos que se empregan tanto como servidor das aplicacións web, como de conexión e difusión das imaxes e vídeos que captan as webcams dispostas pola cúpula. Todos estes aplicativos executan sistemas GNU/Linux.

O proxecto foi creado e desenvolvido por un equipo de investigadores da Facultade de Informática da Universidade Politécnica de Madrid (FIUPM) dirixido polo profesor Francisco Manuel Sánchez Moreno.

Fonte: UPM

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal