Magnolia CMS, desenvolvido por Magnolia International Ltd, é un dos principais sistemas de xestión de contidos. Destaca pola súa facilidade de uso, a súa dispoñibilidade multiplataforma e que dispón na súa versión "Edición Comunitaria" de licenza GPL. Na "Edición Empresa" a licenza é a Magnolia Network Agreement.
Deste sistema de xestión de contidos podemos destacar que a páxina de edición permítelles ás persoas usuarias deseñar o contido exactamente como aparecería para un visitante do sitio web. Outra característica relevante de Magnolia é que contén a mellor tecnoloxía Java baseada en estándares abertos para permitir solucións á medida. Ademais conta, en todo o mundo, con asistencia técnica empresarial.
Magnolia CMS dispón actualmente de dúas versións, a Edición Comunitaria e a Edición Empresa.
A versión para a comunidade está dispoñíbel baixo a versión 3 da licenza GPL, e inclúe unha interface de navegador web intuitiva creada por AJAX, unha interface de aplicativo ou API, clara e programábel por medio de Java e unha útil biblioteca personalizada para modelos sinxelos en JSP e Servlets. Ademais pódese empregar calquera repositorio de contido JSR-170.
A versión para empresas, segundo Magnolia International Ltd, é a mellor opción para construír portais de misión crítica. A súa interface de autoedición é sinxela de usar e volve os sitios web complexos de manexar en sinxelos , mentres que a súa arquitectura flexíbel de software fai posíbel implementar unha funcionalidade á medida. Permítelle á persoa usuaria manter unha aparencia consistente a través do sitio web e inclúe apoio profesional dispoñíbel cando sexa necesario.
Fontes: Wikipedia
magnolia-cms.com
