Mancomún

Máis colexios catalans terán Software Libre nos seus computadores o vindeiro ano

Venres, 4 Abril 2008
Preto dun centenar de escolas de Cataluña poderán utilizar o próximo curso 2008-09 a distribución Linkat nos seus computadores, sistema ideado para o seu uso nos centros educativos e que é gratuíto.

O departamento de Educació informou de que o uso deste programa estenderase a partir do próximo mes de setembro, despois de que no curso actual sexa posto a proba como proba piloto nunha vintena de colexios.

O sistema Linkat GNU/Linux dispón dunha serie de características e aplicacións que o converten nunha ferramenta idónea para traballar nos centros, xa que inclúe aplicacións de ofimática, multimedia, Internet e xogos, entre outros, segundo informou a consellería de dirixe Ernest Maragall.

Unha das principais vantaxes de incorporar o sistema Linkat é que supón un aforro económico para os centros, xa que evita a compra de licenzas legais doutros programas informáticos.
 
Fontes: Lavanguardia.es
             3cat24.cat 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal