A Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza un curso de iniciación á informática con Linux no Concello de Ribeira de Piquín. Este obradoiro, cunha duración de 10 horas, tratará de achegar a todos os asistentes os criterios básicos de uso deste sistema operativo. Impartirase entre o 16 e o 25 de setembro os Martes, Mércores e Xoves en horario de 10:00 a 11:30 da mañá na aula do Concello situada en Chao de Pousadoiro.
Por outra parte, no Concello de Rianxo celebrarase durante o martes e o mércores das Festas da Guadalupe 2008 a actividade denominada Xogos en Rede , na que os xogos que se ofrecerán son todos libres. A iniciativa pretende dar a coñecer o Software Libre a través do uso lúdico do ordenador.
As persoas interesadas en participar dalgunha das partidas deberá achegarse pola Aula de Informática situada nos Baixos do “Cuartel Vello”, actual Casa da Cultura. O horario vai a ser de 11.00 a 13.30 horas durante os dous días (16 e 17de setembro).
